O Apalpador
15 decembro 2009Polo Nadal, na Galiza,
chega o Apalpador!

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidas/os e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte da Península Ibérica (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi recollido na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel. No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar ás nenas e aos nenos.
(Información tirada do conto O Apalpador, de Xoán G.)