CURSO DE VERÁN 2010 DE LINGUA E CULTURA GALEGAS UNIVERSIDADE DE VIGO
11 de marzo de 2010CURSO DE VERÁN 2010 DE LINGUA E CULTURA GALEGAS
PARA ESTRANXEIROS. UNIVERSIDADE DE VIGO
VIGO-ALLARIZ, do 5 ao 26 de xullo de 2010
VIGO: do 5 ao 16 de xullo – ALLARIZ: do 16 ao 26 de xullo
Nivel elemental:
20 prazasNivel intermedio:
15 prazasA Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca
por terceiro ano os cursos de verán de lingua e cultura galega para
estranxeiros. Impartirase un curso elemental e outro intermedio en Vigo
(Galicia costeira) e Allariz (Galicia interior), para que o alumnado teña
un coñecemento completo da nosa realidade natural e cultural.
Prezo do curso: 90 €
Haberá
entre os inscritos.
As excursións e visitas culturais e o traslado Vigo-Allariz do día 16
corren a cargo da organización.
25 bolsas de 450 € cada unha para os mellores expedientesLugar de impartición dos dous cursos
Do 5 ao 16 de xullo: Fac. de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo).
Do 16 ao 26 de xullo: Biblioteca e Centro Social de Allariz.
Máis información:
http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/RR2010/CursoVeran2010.pdf
CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA PERSOAS DE FÓRA DA GALIZA 2010
11 de marzo de 2010
|
|
|
ORGANIZA: Director: Francisco Fernández Rei |
Actividades dos cursos
O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como excursións e visitas a lugares de principal interese cultural e paisaxístico.
Dentro dos cursos haberá distintos niveis:
- Un nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase en dous grupos segundo o grao de comprensión da lingua, previa a realización dunha proba.
- Un nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que posúa un coñecemento básico do idioma, previa realización dunha proba.
- Un curso superior de Filoloxía Galega para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.
Viaxe e aloxamento
Santiago de Compostela ten un aeroporto internacional, a dez quilómetros da cidade. Ademais, conta cunha estación de ferrocarril e outra de autobús que comunican a cidade con diferentes puntos de España e Portugal.
Sen ningún compromiso, a secretaría dos Cursos facilita unha listaxe de aloxamentos en Santiago a aqueles alumnos que a soliciten.
Inscrición
Poderanse inscribir todas as persoas que o desexen, unicamente se esixe ter cumpridos 18 anos e que a ficha de inscrición e a documentación requirida no caso de petición de bolsa estea na Secretaría dos Cursos antes do 1º de maio.
Bolsas
A organización dos Cursos dispón de varias bolsas, por importe de 450 euros cada unha, cantidade que se considera suficiente para a estancia en Santiago durante o período de duración do curso. Os bolseiros e bolseiras estarán ademais exentos do pagamento da matrícula.
O candidato ou candidata debe enviar por correo postal á Secretaría dos Cursos a ficha de inscrición, o seu curriculum vitae e unha carta de presentación dun profesor ou profesora de Universidade, así como toda a documentación que considere de interese. A carta de presentación achegada debe ser a orixinal. Antes do 1º de maio debe enviarse toda a documentación por correo postal, con independencia de que á vez se faga chegar por internet.
Matrícula
Unha vez rematado o prazo de inscrición a organización dos cursos outorgará as bolsas. Comunicarase o resultado a cada estudante por correo electrónico e por correo postal. No prazo que se indique na comunicación a persoa que reciba a bolsa deberá ingresar na conta dos cursos 40 euros en concepto de reserva de matrícula, importe que se lle devolverá no momento en que comecen os cursos. De se produciren renuncias serán os suplentes os beneficiarios das bolsas.
Aquelas persoas que non solicitaron bolsa ou ás que non lle foi concedida tamén recibirán unha notificación por correo electrónico e postal na que se indicará o prazo que teñen para ingresar os 40 euros de reserva de matrícula. O importe total é de 200 euros, e nel están incluídos o dereito a clases, material didáctico, excursión, certificados, etc. Os 160 euros restantes terán que ingresarse antes do 30 de xuño.
O importe de 40 euros en concepto de reserva de matrícula (ou ben o resto da matrícula) debe realizarse nas datas indicadas á conta núm. IBAN ES17 2091 0319 2830 4001 6081, de Caixa Galicia (Cód. SWIFT: CAGLESMMXXX), r. Orfas,4, Santiago de Compostela, facendo constar “Cursos de galego” e o nome e apelido(s) do remitente.
Recepción
A recepción do alumnado farase o 2 de xullo na Secretaría dos Cursos en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ese día entregarase individualmente o horario e material do curso eresolveranse as cuestións de pagamento ou aboamento.
O enderezo da Secretaría é:
Secretaría de Cursos de Galego para Estranxeiros
Instituto da Lingua Galega (USC)
Praza da Universidade, 4
15782 Santiago de Compostela
(España)
ilgcurso@usc.es
Máis información en: http://ilg.usc.es/ilgas/cursos_gex10/cursos_gl.html
Novidades galegas nas bibliotecas da Universidade do Minho
11 de febreiro de 2010NOVIDADES GALEGAS NAS BIBLIOTECAS DA UNIVERSIDADE DO MINHO
LIVROS:
HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR. ESCRITORAS, XÉNERO E NACIÓN
A TRIBU DAS BALEAS
CARMEN BLANCO
SEXO E LUGAR
MULLERES E INDEPENDENCIA
EL CONTRADISCURSO DE LAS MUJERES
ANDREA NÚÑEZ BRIONES
CORRENTE DO ESQUECEMENTO
NARCISO DE GABRIEL
ELISA E MARCELA. ALÉN DOS HOMES
ROSA ANEIROS
SOL DE INVERNO
RESISTENCIA.
MARÍA REIMÓNDEZ
MODA GALEGA
YOLANDA CASTAÑO
EROFANÍA. TRILOXÍA POÉTICA (1995-1998)
PILAR PALLARÉS
LIVRO DAS DEVORACIÓNS.
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
DE FALA A LINGUA: UN PROCESO INACABADO.
SOBRE O RACISMO LINGÜÍSTICO
ALBERTO PASCUAL CARBALLO
HUMOR GRÁFICO GALEGO
MARÍA XESÚS PATO
URANIA
A PONTE DAS POLDRAS
NÍNIVE
SUSANA SÁNCHEZ ARINS
[DE]CONSTRUÇOM
GORETTI SANMARTÍN REI
NOS CAMIÑOS DO ENTUSIASMO. CALIDADE DA LINGUA E PLANIFICACIÓN
TERESA MOURE
A PALABRA DAS FILLAS DE EVA
UNHA PRIMAVEIRA PARA ALDARA
O NATURAL É POLÍTICO
CARME HERMIDA GULÍAS
GRAMÁTICA PRÁCTICA (MORFOSINTAXE)
OBRADOIRO DE LINGUA GIANNI RODARI
GRAMÁTICA INSUBORDINADA
XOSÉ FEIXÓ CID
DICIONARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA
BENIGNO FERNÁNDEZ SALGADO (DIR.)
DICIONARIO GALAXIA DE USOS E DIFICULTADES DA LINGUA GALEGA
DOMINGO VILLAR
OLLOS DE AUGA
ALBERTO LEMA
UNHA PUTA PERCORRE EUROPA
XULIO GIL E ANTONIO DE LA PEÑA SANTOS
PETRÓGLIFOS DE GALICIA
MARÍA DO CEBREIRO
O ESTADIO DO ESPELLO
CHINESES
OS HEMISFERIOS
CUARTO DE OUTONO
HENRIQUE ALVARELLOS
CENTENARIO DA EXPOSICIÓN REXIONAL GALEGA. SANTIAGO, 1909
MARÍA REIMÓNDEZ
PIRATA
CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ (ED.)
O QUE FIXERON EN GALICIA.1936
ROSA VILLAR QUINTEIRO
CHAN DO CEREIXO (DONAS, GONDOMAR): UNA VISIÓNACTUAL DEL PALEOLÍTICO INFERIOR EN GALICIA
LUPE GÓMEZ
LEVANTAR AS TETAS
O ÚTERO DOS CABALOS
OS TEUS DEDOS NA MIÑA BRAGA CON REGRA
OLGA NOVO
A COUSA VERMELLA
ANA ROMANÍ
ARDEN
DAS ÚLTIMAS MAREAS
ÁNGEL DE LA CRUZ
OS MORTOS VAN Á PRÉSA
BERTA DÁVILA
BAILAREI SOBRE A TÚA TUMBA
EVA MOREDA
O PAÍS DAS BESTAS
CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS
O PARAÍSO DAS SOMBRAS
TUCHO CALVO
CORAZÓN ENTRE DESERTOS
VVAA
AVILÉS DE TARAMANCOS. FOTOBIOGRAFÍA SONORA (LIBRO+CD)./ LIBRO-DISCO
DICIONARIO XERAIS CASTELÁN-GALEGO DE USOS, FRASES E SINÓNIMOS
GUÍA DOS CASTELOS MEDIEVAIS DE GALICIA
MANUEL RIVAS
OS LIBROS ARDEN MAL
BANDA DESENHADA:
MANEL CRÁNEO
OS LOBOS DE MOECHE
VVAA
HISTORIAS DE GALIZA TOMO I.
HISTORIAS DE GALIZA. TOMO II
HISTORIAS DE GALIZA. TOMO III
MÚSICA:
VVAA
TRECE LÚAS (LIBRO+CD+DVD)
GALLAECIAN METAL COMPILATION.2 CD
GALLAECIAN METAL COMPILATION II
VOZES NOVAS
HOMENAXE AOS DIPLOMÁTICOS: 120 CAPADORES
FUXAN OS VENTOS
TERRA DE SOÑOS
GUADI GALEGO
BENZÓN
SOM DO GALPÓM
EM TERRA DE NINGUÉM
MILLADOIRO
A QUINTA DAS LÁGRIMAS
MACHINA
POST-BRAVÚ
PILI PAMPÍN
PILI PAMPÍN
ATAQUE ESCAMPE
A GRANDE EVASIÓN
XTRAPERLO
PARSI´S LIFE
NOVA GALEGA DE DANZA
TRADICCIÓN
CARLOS NÚÑEZ
ALBORADA DO BRASIL
SUSANA SEIVANE
OS SOÑOS QUE VOLVEN
MERCEDES PEÓN
SIHA
FILMES:
HOTEL TIVOLI
MIA SARAH
Curso Livre de Galego B1
3 de febreiro de 2010
O Centro de Estudos Galegos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho informa de que vai abrir o praço para a inscrição no Curso Livre de Galego (Nível B1) a partir do 1 de Fevereiro. O curso dará começo no 2 de Março em horário:
Agradece-se a divulgação desta informação.
As intervencións de Ecolingua 2009 en vídeo
15 de xaneiro de 2010O Ecolingua ao teu dispor en Vimeo
08-01-2010
A canle do IGEA en Vimeo dispón dos videos do programa completo do I Simposium Internacional Ecolingua 2009 que o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos celebrou en Vigo do 17 ao 19 de decembro.
Todas as conferencias, mesas redondas e presentacións do Ecolingua 2009 están recollidas en 23 videos. Neles poderás visionar as ponencias e debates protagonizados ao longo das tres xornadas por especialistas e axentes sociais do ámbito galego, estatal e internacional.
Pradolongo em Braga
15 de xaneiro de 2010
O dia 17 de Abril estreia-se por primeira vez em Portugal o filme galego Pradolongo. O evento terá lugar na cidade de Braga, nos Cinemas Cinemax, e contaremos com a presença do director do filme, Ignacio Vilar, da actriz Tamara Canosa e dos actores Rubén Riós e Roberto Porto. O filme permanecerá na carteleira bracarense durante uma semana.
Correio do Minho – Opinião
15 de xaneiro de 2010{{desc}}
víaCorreio do Minho – Opinião.
Ecolingua 2009
15 de decembro de 2009Toda a información sobre o Simposio Internacional Ecolingua 2009 que terá lugar en Vigo do 17 ao 19 de decembro en:
http://igea.eu.com/wp-content/arquivos/2009/12/ecolingua-programa-definitivo.pdf
O Apalpador
15 de decembro de 2009Polo Nadal, na Galiza,
chega o Apalpador!

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidas/os e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte da Península Ibérica (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi recollido na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel. No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar ás nenas e aos nenos.
(Información tirada do conto O Apalpador, de Xoán G.)
Outonalidades 2009
5 de novembro de 2009
http://www.myspace.com/outonalidades
